No ano 1994, a vella estación de Carrilanas de Compostela, reconverteuse en Cafetería para deixar pouso no corazón de tódalas persoas da última xeración do século. Vintecinco anos despois, reinventouse novamente para ofrecer a tódolos seus clientes e amigos, un Café Bar cunha oferta actual, divertida e de calidade, no corazón do Casco Histórico da nosa cidade.
Brunch tódolos días, unha selección de Cócteis Clásicos e Vermús, Copas onde importan os detalles, e unha amplia oferta de Poke Bowls, fan de A Carrilana un lugar versátil e aberto a todo o mundo que dexese pasar un rato agradable con nós.
Brunch
Para nós os detalles si importan e dámoslle tanta importancia á calidade do produto coma á presentación e servizo.
Cócteis
Carta de cócteis clásicos onde a nosa máxima é a perfección, tanto na elaboración (elaboramos os nosos propios premixes), coma na súa presentación.
Gañadores do I Certame de “Santiago é cóctel”, na categoría de Cóctel clásico.
Copas
Elaboramos todos os nosos combinados con froita fresca , premixes propios, froita deshidratada por nós e os mellores produtos.
As nosas cartas
Dispoñemos de 3 cartas, segundo a franxa horaria, nas que podes ver todo o que podemos ofrecerche.