In A Carrilana, CompostelaMarzo 24, 20221 Minutes

Hoxe e sempre unidas contra as violencias.

A Carrilana ten nome de muller.

Por iso dende o equipo de A Carrilana queremos transmitir o rexeitamento contra calquer tipo de violencia.
Queremos denunciar que no ano 2021 arredor de 6.000 mulleres en Galicia sufriron algunha agresión machista (física ou psicolóxica), segundo os datos da Delegación do Goberno en Galicia. No mesmo período decretáronse máis de 2.000 ordes de protección. Existen 4.057 casos activos no sistema de seguimento policial de violencia de xénero, 46 destes están catalogados como de alto risco. Ademáis en 1.500 casos hai involucrados menores.
Estes datos indicannos que existe un problema moi grave para as mulleres en Galicia, e queremos mostrar todo o noso apoio e transmitir un ambiente seguro e libre de violencias para as mulleres. Estamos moi orgullosos de dicir que A Carrilana é un espazo seguro onde non se tolera ningunha mostra de violencia, nen física, psicolóxica ou económica.
Tamén queremos animar a que se fale e denuncie calquer tipo de agresión. Xuntos conseguiremos frear isto que tanto dano fai á sociedade galega.
Hoxe e sempre, unidas contra as violencias.