Os almorzos na Carrilana son toda unha experiencia que non podes perder. Contamos con todo tipo de cafés e infusións para agradar ata aos máis esixentes. Temos tamén zumes, smoothies, cereais, doces, tortitas, torradas… As opcións son moi variadas e acomódanse ós gustos de cadaquén.

Podes relaxarte observando o ambiente dende a nosa terraza na praza de San Paio de Alteares. Esta praza non foi sempre así, senón que a principios do século XX estaba cheo de Carrilanas que saían cara A Coruña parando por Porta Faxeira.
Sin embargo, tamén temos a opción do Brunch para os que non son tan madrugadores e se lles xunta a hora do almorzo coa hora do xantar.
No brunch poderás desfrutar de todas as opcións coas que contamos no almorzo, ademáis de pratos salgados como uns Egg Drops, sándwiches, e de incluso burguers ou dos budha bowls. O divertido que ten o brunch é que podes tomar cócteis ou vermús, e ten un horario moito máis flexible que o almorzo.

Ás fines de semana son idóneas para este tipo de plan, xa que son días nos que non madrugas e podes relaxarte sen ter que estar pendente do reloxo.

Se aínda non estás convencido de vir a probar todas as nosas opcións, imos ofrecerche 5 razóns polas que necesitarás vir.
     1. Desfrutarás de un bo ambiente, rodeado dun espazo con historia.
     2. Tes comida diferente e variada.
     3. Flexibilidade de horarios.
     4. Somos o mellor aliado para curar os desfeitos da noite anterior.
     5. Boa compañía. Trae ós amigos ou a familia a pasar un rato relaxado contigo.

Esperámoste de Mércores a Domingo de 10h a 16h na Carrilana.

Poderás consultar a carta de almorzos e brunch aquí.