Cócteis Forever.
Na Carrilana estamos de estrea grazas a nosa nova carta de cócteis. Ademáis a esta carta iránse sumando novos cócteis “efémeros” cada semana!
Cócteis Forever
Mojito!
O clásico Mojito, un Old Fashioned para os que buscan un sabor máis forte, ou os Mócteis para os que non son fans do alcol, son algunhas das variadas opcións que poderás desfrutar con esta renovación.


Cócteis Forever
Banana Tiki!
Presentámosche algúns coctéis efémeros que tivemos, como o "Banana Tiki", que ten una base de ron tostado e mistura de tequila blanco, sirope de vainilla, zume natural de piña, fresa e laranxa con un toque de canela en po.
Cócteis Forever
White Lady!
Ou tamén o "White Lady", un cóctel de inicios do século XX e entre unha das moitas anécdotas que contan que era a bebida favorita de Laurel and Hardy, (o Gordo e o Fraco). Ten unha base de xenebra, zume de limón, triple seco e orgeat.

Non quererás perderte estas novidades que agardan na Carrilana, verdade? Vente os Mércores e Xoves ata as 24h e os Venres e Sábados ata as 2:30h a pasar un bo rato.